O día 16 de agosto, coincidindo coa feira de Ferrol, ha haber un mercadiño de troco na Praza Vella (en Ferrol Vello), ao que se poden levar as cousas que non se precisen para para as trocar... e que muden en bens útiles. Para vos ir poñendo gañas, aquí deixo ligazóns para ollar unhas fotos e máis un vídeo do mercadiño de natal... (vídeo) (fotografías) "SE A TI NOM CHE VALE, A MIM PODE QUE SI"
Agardamos repetir tamén en outubro, decembro... (nos meses pares), sempre dentro da Feira de Ferrol (de terceiro domingo de cada mes). Iste é un xeito máis de evitar o consumo desnecesario e irresponsábel, que nos perxudica a todas e todos (agás a uns poucos, claro).