Do proceso de inscrición no CRAEGA
domingo 12 de xullo do 2009, por xan.martinez
O único que pagamos foron 8 euros. Non se pode dicir que sexa caro.
Podemos dicir que é algo lento. Cecais non contan con todos os medios cos que quixeran, pero funciona razonablemente ben.
A técnica que veu ver os terreos pre-inscritos e a tomar as mostras de terra pareceume moi profesional, asequible e, sobre todo, moi disposta a facer o que fixera falta para apoiarnos no desenvolvemento do noso proxecto.
O mesmo poderíamos dicir do Director Técnico do CRAEGA, que durante os últimos meses ficou sempre asequible e disposto a facer canto estivera na súa man para que sacáramos adiante o proxecto.