A Xoaninha - Cooperativa de Consumo Responsable

Entrada do web > Agricultura Ecolóxica > La agricultura ecológica evita la crisis y crece un 10%

La agricultura ecológica evita la crisis y crece un 10%

EL PAÍS - A. SILVOSA - Lugo - 12/02/2009

venres 13 de febreiro do 2009, por xan.martinez

La producción ecológica que se desarrolla en Galicia está consiguiendo sobrevivir a la crisis. El sector cerró 2008 con un volumen de negocio que se situará en torno a los 11 millones de euros, lo que supone un incremento de más de un 10% en relación al año anterior, según datos aportados por el director técnico del Consejo Regulador de Agricultura Ecológica de Galicia, Ernesto Sánchez.

Sánchez, que ayer participó en Lugo en unas jornadas sobre el mercado de los alimentos ecológicos organizadas por el Centro Tecnológico Agroalimentario, afirma que aunque la crisis se nota, el sector ha logrado mantener el ritmo de crecimiento de años anteriores. En 2008 el número de operadores aumentó un 8%. En Galicia hay 510 comercializadores de agricultura ecológica inscritos en el consejo regulador, cerca de 130.000 hectáreas dedicadas a este tipo de producción y 65 industrias transformadoras.

Las producciones animales suponen el 80% del total de volumen comercializado. Destaca la comercialización de carne, leche, productos avícolas y huevos, aunque también hay productos vegetales que gozan de "buena salud", especialmente castañas y manzana para sidra.

Desde el año pasado, explicó Sánchez, las 150 toneladas de castaña ecológica que se produce en Galicia se exportan a países como Estados Unidos, Suiza o Francia. El director técnico del consejo regulador tiene claro que Galicia dispone de la biodiversidad precisa para poder "desarrollar con éxito" esta agricultura. "La potencialidad es grande, la cuestión es ponerse a trabajar en ella", enfatizó Sánchez. Lejos de Europa

Galicia está lejos de comunidades como Andalucía y la franja mediterránea en agricultura ecológica. "La diferencia es significativa", lamenta Sánchez, quien sí otorga a la comunidad gallega un lugar "preferente" dentro de la cornisa cantábrica.

El consumo y el gasto en España en este tipo de productos está, añade, muy lejos de otros países desarrollados.La directora técnica del Centro Tecnológico Agroalimentario, Mercedes Corral, explica que en España el consumo de producción ecológica representa un 0,6% del consumo alimenticio total, frente al 3,6% de EE UU, y se invierten de 12 a 13 euros per cápita por los 50 euros de media que se registra en otros países europeos.

Artigo Publicado en EL PAÍS. Foto de ALberto López - (La Voz de Galicia)

1 Mensaxe

  • Estiven nas xornadas...

    13 de febreiro do 2009 11:44, por xan.martinez

    Alí estivemos o día enteiro distintas persoas relacionadas co sector: produtores de lácteos, carnes, ovos e mel, representantes empresas elaboradoras e representantes da Gran Distribución (Gadisa e Eroski). O público asistente participou activamente, pois tamén estaban persoas con experiencia no sector... foi unha xuntanza de alto nivel no que se refire a coñecemento do sector.

    Coido que unha das principais conclusións que sacamos de alí -entre outras- é que, debido ao pequeno volume da produción galega (sobre todo en horta), a Gran Distribución non constitúe ningunha solución para o desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica galega.

    Falaba co responsable dunha pequena envasadora de Pontevedra que me contaba que o seu principal problema é o abastecemento de produto fresco. Imposible plantexar a curto ou medio prazo un abastecemento de dimensión maior.

    Eu plantexei alí o valor das organizacións de consumidores como catalizadoras do desenvolvemento do agro ecolóxico galego: A día de hoxe somos os que movemos este sub-sector da Agricultura Ecolóxica galega, os que máis facturamos en conxunto en horta, e os máis rentables por metro cadrado de superficie.

    Ninguén o discutíu, e incluso o moderador e os asistentes suliñaron a importancia actual desta canle de comercialización. Ao remate recibín abondosos parabens pola iniciativa á que eu estaba alí a representar.

    Pero eu teño dúas magoas:

    Unha é a falta de consciencia do público en xeral. Somos incapaces -autocrítica- de transmitir a importancia que ten o sector que promovemos para a sociedade (autosuficiencia alimentaria, ademáis do medio ambiente, saúde, etc). Deberíamos ser máis, pero sobre todo deberíamos ser máis activos co noso acto de consumo. Os que xa somos deberíamos tirar máis do carro, tanto co noso consumo como coa difusión que facemos das estructuras das que formamos parte. É doado de explicar que ningunha outra canle xenera tanta riqueza para nós mesmos, e que cando mercamos na Gran Distribución a meirande parte dos cartos que pagamos marchan lonxe, e os poucos que quedan só sirven para pagar malos traballos e financiar un sistema que está a conducir a un pozo o planeta enteiro. Quen necesite cifras para argumentar que me mande un correo.

    A outra magoa que teño é nosa incapacidade -segunda autocrítica- para transmitir ás novas organizacións que empezan (penso na Cooperativa Eirado -Compostela-, concretamente) a necesidade de medrar, a importancia de achegarse a máis e máis xente, de cumplir cunha función social importantísima hoxe en día, de difusión deste sector, e de dar facilidades á cidadanía para que se achegue. Temos a función de abrir camiño, de facer patente unha demanda para chegar a xenerar a oferta desde o local -que traer, por exemplo, unha conserva de Navarra sexa unha fase o máis corta posible, ate que aquí fagamos as boas conservas que xa se están a demandar!! Estamos a crear unha economía localizada, oposta á economía do gran capital.

    As grandes superficies non van tirar dos labregos galegos; as tendas privadas-iniciativas loables e necesarias cáseque sempre- non dispoñen dos recursos dos que se dispón desde as iniciativas colectivas como asociacións e cooperativas -aportamos recursos humanos que son os que máis importan: o coñecemento colectivo- para achegarse á cidadanía, velahí os exemplos de Árbore e Xoaniña; e, por último, a maneira que temos de funcionar é importantísima hoxe en día porque, en plena crise deste sistema capitalista insostible, aportamos unha alternativa VIABLE desde a Economía Social, unha maneira de facer economía baseada nas persoas, non no capital, e baseada na cooperación, non na competencia. Dígasenos VIABLES, que non somos competitivos, ollo!!.

    .


Seguir a vida do web RSS 2.0 | Mapa do web | Espazo privado | SPIP | esqueleto