A Xoaninha - Cooperativa de Consumo Responsable

Entrada do web > Economía Social > Xornadas de Consumo Consciente na Coruña

Xornadas de Consumo Consciente na Coruña

luns 24 de novembro do 2008, por Cooperativa Xoaninha


O grupo de consumo consciente Zocamiñoca da Coruña organiza as I Xornadas de Consumo Consciente. Tal e como el@s contam: “Levamos un tempo intentando impulsar unha iniciativa deste tipo na cidade herculina e agora organizamos unhas xornadas que terán lugar no Kiosko Alfonso os días 26, 28 e 29 de novembro. Nestas xornadas pretendemos presentarnos ante a sociedade e iniciar o proceso de constitución dunha cooperativa que teña como pilares o consumo responsábel e consciente. Para asistir non é necesaria preinscripción

Durante eses días estará con nós Eric Holtz, gran coñecedor do sistema mundial de produción de alimentos, proxectaremos unhas curtas e falaremos de cooperativismo e as súas posibilidades para conseguir unha alternativa de consumo que ligue o máis directamente posíbel as consumidoras coas produtoras, fomente a economía local e de cercanía, a xustiza social, a soberanía alimentaria, o eco-lóxico, etc.”


Seguir a vida do web RSS 2.0 | Mapa do web | Espazo privado | SPIP | esqueleto