A Xoaninha - Cooperativa de Consumo Responsable

Entrada do web > A Xoaninha - Novas e avisos > ECONOMÍA SOCIAL, ALTERNATIVA AO CAPITALISMO

ECONOMÍA SOCIAL, ALTERNATIVA AO CAPITALISMO

xoves 13 de novembro do 2008, por Cooperativa Xoaninha

¡¡Organizamos unhas interesantísimas xornadas para a vindeira semana!!

O obxectivo destas xornadas é que sirvan para que as persoas de Ferrolterra - e moi especialmente os socios da Xoaninha - poidan achegarse ao que representa a Economía Social (1º día); que sirva tamén para coñecer outras iniciativas galegas similares á nosa (2º día); e por último presentaremos os proxectos actuais da cooperativa para o debate interno e a aportación de ideas (3º día).

¡¡¡Agardamos que unha numerosa asistencia nos motive enormente para organizar eventos deste tipo con moita frecuencia!!!


Contidos das xornadas:

- Mércores 19.- EMPREGO EN TEMPOS DE CRISE

Participan: UGACOTA (Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado) BRIANTE, Asociación para a Economía Social (Narón)

Fórmulas cooperativas para todo tipo de proxectos


- Xoves 20.- EXPERIENCIAS GALEGAS NO COOPERATIVISMO DE CONSUMO

Participan: ÁRBORE, Cooperativa de Consumo Consciente (Vigo) EIRADO, Cooperativa de Consumidores Responsables (Compostela)

Presentación das iniciativas e da Rede Galega de Consumo Responsable


- Venres 21.- CONSUMO RESPONSABLE EN FERROLTERRA

Participan: A XOANIÑA, Cooperativa de Consumo Responsable (Ferrol)

Presente e futuro da Xoaniña, debate e presentación de proxectos

Máis info: ¿Que é a Economía Social?

PS.

Lugar: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204. - HORA: 19:00H -

ORGANIZA: A Xoaniña S. Coop. Galega.

COLABORA: Consellería de Traballo. Xunta de Galicia.

Documentos adxuntos

  • TRÍPTICO DAS XORNADAS (PDF - 246 KB)
    Información máis polo miudo das temáticas que abordaremos cada día

1 Mensaxe

  • REPARTO DE CARTACES DAS XORNADAS

    14 de novembro do 2008 11:08, por A Xoaninha
    Temos cartaces das xornadas na tenda da Cooperativa para que os leve calquera soci@ que poida colocalos en lugares de interese.

Seguir a vida do web RSS 2.0 | Mapa do web | Espazo privado | SPIP | esqueleto