Acceder:




Entidades Rede Galega:


¿Que é a Economía Social?

A Economía Social é unha grande corrente socioeconómica que foise configurando ao longo do tempo sumando aportacións de diferentes fontes. Esto explica a pluralidade de enfoques e de experiencias sociais e empresariais que comparten este concepto de Economía social. Esta riqueza de iniciativas plasmase en diferentes formas de acción, transformación, e de organización horizontal e democrática da sociedade . E comparten un conxunto de principios de funcionamento básico :

• A democracia interna “ unha persoa un voto” como forma de xestión

• A libre adhesión, nas entidades de economía social a entrada e saída das persoas e voluntaria e libre

• Autonomía e independencia de calquera outra forma de poder

• Información e formación como base da participación e boa xestión

• Traballo en rede ou cooperación co resto de entidades de Economía Social

• Compromiso coa comunidade e traballo polo desenvolvemento local

A economía social agrupa a asociacións, mutuas, cooperativas que pretenden dar resposta aos retos socioeconómicos combinando a rendibilidade con participación e solidariedade.

A diferencia básica entre unha empresa capitalista e unha social é o obxectivo. Na capitalista o obxectivo e maximizar beneficios e rendabilizalo capital, na social e mellora-la calidade de vida das persoas e da comunidade buscando excedentes na xestión económica que garantan a supervivencia a longo prazo.

A XOANIÑA S. COOP. GALEGA É UNHA ENTIDADE DE ECONOMÍA SOCIAL.

Escrito o mércores 12 de novembro do 2008, por Manolo.Rivera

Leave a Reply

  

  

  


*

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>