A agricultura ecolóxica pódese definir, dun xeito sinxelo, como un conxunto de técnicas agrarias que exclúen o uso, tanto na agricultura como na gandeiría, de produtos químicos de síntese como fertilizantes, plaguicidas, antibióticos, etc., coa finalidade de preservar o medio ambiente, manter ou aumentar a fertilidade dos solos e proporcionar alimentos con todas as cualidades organolépticas e nutricionais.
Existiu, nos últimos anos, un amplo debate acerca da necesidade de regular este tipo de produción. A polémica enfriouse a partires de problemáticas famosas como a dos “falsos bio” (cando varias grandes empresas foron obrigadas a retirar do mercado algúns dos seus produtos por fraude ao consumidor: os “bio” non eran ecolóxicos) son un expoñente da necesidade de controlar un sector do que calquera quere formar parte: “todos queremos ser -e chamarnos- ecolóxicos”.
Hoxe en día, só podemos chamar «produto ecolóxico» ao que cumple cunhas normas obxectivas de produción e elaboración.
Pódese descargar desde aquí o actual Regulamento Europeo de Agricultura Ecolóxica.











Boas, estoume a prantexar en montar unha plantación ecolóxica e ando mirando aquí e ala como podo facer, subvencións, saída ao mercado, etc. E preguntábame se me poderiades axudar mandandome información porque estou empezando nisto e ando medio perdido. Moitas gracias xa so por ter esto montado, e se ademáis me podedes votar unha man incrible. Un saúdo xente
O mellor é que pases pola cooperativa para que te contemos. Vai depender do que queiras facer.
Fai falta esto!!