|
|
Noa
 Bolachas
Receita participante no 1º Concurso de receitas A Xoaniña
Autor: Xulio Saiáns
Ingredientes: 500 gr de fariña de trigo -4 culleradas de lévedo en pó – 4 culleradas de auga – 4 culleradas de leite – 400 gr de azucre – 400 gr de froitos secos (avelás do Courel, noces do Courel, manises,…) – 250 gr de manteiga vexetal – un chisco de sal.
Preparación: O primeiro a facer é quitar a casca aos froitos secos e depois moelos. Feito isto, misturamos os ingredientes nun recipiente e facemos unha masa. Convén amasar ben ata ter conseguido que a masa fique homoxénea e ben ligada. Por último deixámola repousar uns minutos. Para facer as bolachas, collemos porcións da masa e estirámola cun rolo de madeira ou ben cunha garrafa tentando que fique do mesmo grosor por todas partes, é dicir uns milímetros. Coa axuda duns moldes, recurtaremos as bolachas e colocámolas nunha placa de forno previamente untada de aceite ou manteiga e espolvorexamos un chisco de fariña. Convén non botar moita fariña para ue non se pasen as boalchas unha vez estén feitas. Finalmente, aquecemos o forno entre 180 e 200 graos e introducimos as bolachas aproximadamente 5 minutos. Para retiralas deben estar ben tostadiñas. Retiramos do forno as bolachas e esperamos a que arrefríen.
Recomendación: como compremento para un chocolate de media tarde son ideais.
Noa
 Web de O Sendeiro
Dende Ortigueira queremos compartir con todos os lectores da web da Xoaniña unha boa nova. Vense de poñer en funcionamento unha agrupación “informal” de camiñantes. A agrupación non ten aínda forma xurídica, non é unha asociación cultural , nin tampouco veciñal. Trátase somentes dunha pequena iniciativa que pretende reunir a xente que lle guste camiñar, desfrutar do seu contorno natural e facer amigos.
O promotor desta iniciativa, Manolo do Barral, organiza, de xeito totalmente desinteresado, ao longo de todo o ano diversos paseos de entre 10 e 20 kilómetros por distintas zonas do Ortegal e Ferrolterra. Algunhas inclúen a opción de facer un xantar colectivo, outras fanse no tempo xusto para regresas á casa a xantar… Algunhas son máis duras porque chove e outras descúbrennos lugares con vistas impresionantes e dende os que a nosa comprensión do medio que nos rodea faise maior. Máis o que si comparten todas as rutas é que están preparadas con esmero e co cariño dunha persoa que quere compartir o seu camiñar con todos aqueles que o desexen. Natureza, saúde e bo ambiente son os tres elementos que definen este proxecto.
Para estender esta iniciativa tan positiva, vimos de abrir un sitio web que queremos dar a coñecer: www.osendeiro.com Nel poderedes atopar información sobre as rutas que se teñen realizado o ano pasado e sobre as rutas que aínda están por vir, fotos e información de contacto.
Agardámosvos a todos na próxima ruta! Sodes benvidos.
A Xoaniña S. Coop. Galega
O martes 16 de febreiro chegará a carne de cachena ecolóxica, producida en Boimorto por Enrique Gutiérrez.
Máis información sobre a raza: http://www.boaga.com/index.php?url=cachega§ion=cachega
Máis info e encargos no mostrador da tenda.
sergio
saudos a tod@s,
quería informar da iniciativa de tres compañeiros de Ferrol que están empezando a funcionar como cooperativa de traballo asociado.
Fan reparacións e reformas (albanelería, electricidade, carpinteiría…)
Deixo o contacto:
O Choio Cooperativa tfno 649291622
Noa
 Cocadas
Receita participante no 1º Concurso de receitas A Xoaniña
Autor: Marisé Díaz Morado
Ingredientes: coco relado – patacas – azucre – ovos
Preparación: cócese a pataca e plánanse despois. Mestúranse pataca cocida, coco e mailo sucre a partes iguais, e engádese un ovo por cada 300g de masa, máis ou menos. Despois, fanse boliñas coa masa, que se rebozan en máis coco, para fornear nunha plancha engraxada sen moito lume (“a lume moderado”), até que viren doradiñas.
Recomendación: é un doce seco, polo que vai ideal para acompañar un café.
Noa
 Pudin de pan
Receita participante no 1º Concurso de receitas A Xoaniña
Autor: Noelia Cachaza Díaz
Ingredientes: pan reseso – leite fresco enteiro -ovos – mel – noces, ameixas secas, figos… ou outros froitos secos
Preparación: ponse o pan en pedazos, e bótaselle por riba o leite a ferver co mel. Máis ou menos dous vasos por cada media barra de pan, e dúas culleriñas de mel por cada vaso. Engádense os froitos secos, déixase refacer, e cando estea morniño ou frío bótanselle os ovos e mailas noces, avelás… , xunto coa froita fresca en pedaciños. Reméxese todo e embórcase nun molde calquera (que terme ben dos líquidos, porque se esparrama). Cocíñase coma un flan, ao baño María, perto de 3/4 de hora a 180 graos.
Receomendación: foi un dos pasteis máis degustados durante o concurso. Ideal para acompañar unha merenda de media tarde porque é un doce moi frequiño.
Noa
 Tarta caseira
Receita participante no 1º Concurso de receitas A Xoaniña
Autor: Elisa Iglesias Nécega
Gañador do premio Votación popular 2010
Esta receita xa foi publicada na Xoaniña. Pódese atopar aquí: ver receita.
Noa
 Pastel de cenoria e coco
Receita participante no 1º Concurso de receitas A Xoaniña
Autor: Basilio Seijas Franco
Gañador do premio A Xoaniña 2010
Ingredientes: 6 bolos de leite – 500 gr de azucre – 500 gr de cenorias – 250 gr de coco relado
Preparación: pelar e cortar as cenorias en aros e cocelas. Unha vez cocidas, escoalas ben. Posteriormente trituralas e mesturalas co azucre e o coco (reservar un pouco de coco para decorar).
Cortar os bolos á metade e cubrir o molde cunha primeira capa de bolos, deixando a parte máis ben feita cara abaixo, e outra capa por riba coa mestura de cenorias, azucre e coco. Repetir as capas dúas veces (bolo – cenorias), rematando sempre cunha capa de bolos.
Finalmente poñer algún obxecto de peso sobre o pastel para comprimilo e que quede ben prensado. Deixar prensar durante un 1 aproximadamente. Unha vez presando, retirar o peso e decorar a superficie do pastel co coco que tiñamos reservado.
Recomendación: canto máis fría estea mellor sabor terá, polo que é recomendable metela na neveira antes de servir.
Noa

O primeiro concurso de receitas organizado pola Cooperativa de consumo responsable A Xoaniña, ten por obxecto promover e promocionar o emprego de produtos de cultivo ecolóxico como vía para o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida.
Asemade, con esta actividade, dende a Xoaniña preténdese dar a coñecer a tenda de produtos ecolóxicos que a cooperativa ten en Ferrol.
Queres participar?
Só tes que comprometerte a facer unha ou varias receitas para sometelas a degustación pública o día 3 de xaneiro.
Para formar parte do concurso terás que facernos chegar a receita antes do 31 de decembro por algún dos seguintes medios:
a) Entregando a receita en formato A4 no local da cooperativa sito na Rúa Venezuela 78, 15404, Ferrol.
b) Enviando a receita por correo electrónico ao seguinte enderezo receitas@cooperativaxoaninha.com
O día 3 de xaneiro deberás levar a túa receita, xa elaborada, ao posto da Xoaniña que estará na Feira de Nadal que organiza o Concello de Ferrol (Cantón de Molíns).
Premios:
Premio A Xoaniña: unha cesta de produtos ecolóxicos.
Premio votación popular: unha cesta de produtos ecolóxicos.
Máis información e bases completas do concurso aquí: descargar pdf.
|
|
Comentarios Recentes